publicidade hoxe

Preséntase en Xove o libro “Noui e o bebedizo máxico”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Hoxe, dende as 10:30 ás 11:30 h. no Salón de Actos do Centro Cívico, desenvolveuse o último acto da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER no noso Concello. No mesmo contouse coa presencia dos alumnos de 1º a 6º de Primaria do CEIP Pedro Caselles Rollán.  Este acto consisteu na presentación do libro  “Noui e o bebedizo máxico”, contado polos propios nenos e nenas creadores, ao resto do alumnado e profesorado de Primaria. Ao finalizar, o Alcalde, Demetrio Salgueiro resaltou a importancia de traballar a igualdade de xénero no ámbito educativo  e agradeceu ao profesorado do CEIP a súa implicación e interese. Xunto coa  concelleira de Igualdade, Ana Abad, fixeron entrega dun libro e diploma a cada neno e nena creador do conto.

Durante os meses de outubro e novembro de 2014  (inicio deste  curso escolar), os nenos e nenas de 6º de Primaria do CEIP “Caselles Rollán” de Xove, traballaron nun proxecto de igualdade, organizado polo Concello de Xove en colaboración co propio Colexio e subvencionado pola Secretaria Xeral da Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europaeo. Este proxecto consistiu na elaboración dun conto para a igualdade, basado nunha historia, persoaxes e escenario ideado polo propio alumnado de 6º. Pois ben, foi este conto, en forma de libro, o que se presentou hoxe aquí en Xove. En canto ao libro, que como dixemos inicialmente recibiron os de 6º de Primaria, será repartido tamén entre os restantes nenos/as do Colexio.

10 de marzo de 2015 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.