publicidade hoxe

Preséntase en Santiago un cómic divulgativo sobre o chan como recurso non renovable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Presentación do cómic

Presentación do cómic

Con motivo do Ano Internacional dos Chans 2015 a Delegación da Sociedade Española da Ciencia do Chan (SECS) en Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) promoveron a edición en español dun cómic divulgativo sobre o chan, recurso non renovable.

Tamén se realizou unha tirada de 2.000 exemplares do cómic en galego coa colaboración o Concello de Santiago. Estes exemplares distribuiranse principalmente en centros de ensino e bibliotecas escolares de Galicia.

O cómic, que se concibe como un recurso didáctico, busca a través de 20 páxinas e en torno a 60 viñetas concienciar acerca da problemática ambiental do chan e a necesidade da súa protección. Diríxese tanto ao público infantil coma ao público xeral e ao alumnado de todos os niveis educativos. Tanto a edición en español como en galego están dispoñibles en formato dixital e pódense descargar libremente nas páxinas web das entidades promotoras.

A presentación tivo lugar esta mañá en Santiago de Compostela coa presenza por parte do CSIC de Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, coordinador institucional do CSIC en Galicia e Montserrat Díaz Raviña, científica do CSIC no IIAG e presidenta da Delegación da SECS en Galicia; por parte do Consello da Cultura Galega de Francisco Díaz Fierros, vicepresidente e co-autor do cómic; por parte do
do Concello de Santiago de María Antón Vilasánchez, concelleira de Cultura e Patrimonio do Concello de Santiago de Compostela; en representación dos autores do cómic María Pilar Jiménez Aleixandre, profesora na Facultade de Ciencias da Educación da USC e Francisco Bueno Capeáns, autor das ilustracións.

11 de marzo de 2015 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.