Portonovo coroa a Pablo Rivas no Inelsa de Radio Control

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSanxenxo
A-
A+

Sensacional xornada de regatas a que tivo lugar este sábado día 7 de marzo no porto Deportivo do Club Náutico de Portonovo coa celebración do Trofeo Inelsa de Vela Radio Control para embarcacións clase IOM (1 metro), segunda puntuable da tempada para o ranking galego desta modalidade.

O marco de Portonovo propiciou un día de sol e vento medio do sueste co campo de regatas como un prato, o cal facilitou que se fixesen con facilidade 12 mangas (aínda que ao principio houbo que esperar ata que entrase o vento estable) tomando parte a maioría dos patróns galegos actuais (aínda que se botou en falta a tres habituais que non puideron asistir), pero os 11 que estiveron presentes, loitaron denodadamente polo triunfo nas súas categorías. Finalmente, tras desbotar os dous peores resultados de cada un, volveu gañar ao igual que en Boiro onde se fixo a anterior clasificatoria, o regatista do Club Moaña Mar, Pablo Rivas cun total de 10 puntos, que soamente cedeu o triunfo nunha das probas disputadas, precisamente ante o que foi segundo, Juan Ameneiro del Real Club Náutico de Vigo, que sumou finalmente 24 puntos. Terceiro no cómputo final foi o regatista do Liceo Marítimo de Bouzas, Francisco Puga, que computou 39 puntos, seguíndolles Alejandro Pérez del Náutico de Sada con 46 puntos e Carlos Lago del Liceo de Bouzas con 47 puntos.

O premio ao primeiro clasificado novel foi precisamente para o que quedou sexto na xeral, José Enríquez do Náutico de Sada con 48 puntos.
A entrega de premios tivo lugar no Club Náutico de Portonovo unha vez finalizadas as probas con grande ambiente e camaradaría.

9 de marzo de 2015 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.