publicidade hoxe

Poio busca ás parellas de ouro entre a veciñanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

No Centro de Servizos Sociais (Casa Rosada) do que é concelleira delegada Lidia Salgueiro Piñeiro, están a preparar como xa ven sendo costume, a homenaxe das parellas que celebran as súas vodas de ouro dentro do ano 2015, é decir que deben cumprir-los 50 anos de casados no presente ano.

Este é un chamamento para que aqueles-as veciños-as que leven vivindo moitos anos en Poio e realizaran o seu casamento hai 50 anos noutro concello xa que as que se casaron en Poio xa as temos localizadas. Teñen que contactar coa Casa Rosada antes do 10 de abril para que poidan disfrutar desta homenaxe que se proxecta celebrar o 19 de abril (domingo) .

30 de marzo de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.