Podemos Vigo e Ourense non acadan o quórum para apoiar as mareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseVigo
A-
A+
Europa Press

As votacións para decidir se Podemos Vigo e Ourense apoian as candidaturas cidadás de unidade non alcanzaron o quórum necesario, o 10 por cento dos inscritos, de maneira que quedou en suspenso esta decisión. Pola contra, en A Coruña, os inscritos en Podemos votaron co 92,52 por cento a favor de apoiar nunha candidatura de unidade popular para as próximas eleccións municipais, cun total de 396 votos e fronte aos 32 emitidos en contra (o 7,48%).

Tamén en Lugo se optou por apoiar a candidatura de unidade popular ‘Lugo Novo’ nas eleccións municipais, algo que obtivo o respaldo do 60,61 por cento dos inscritos en Podemos, fronte ao 39,39 por cento que elixiu non (un total de 39 votos).

2 de marzo de 2015 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.