publicidade hoxe

Pasan a disposición xudicial os detidos no operativo na confraría de Cabo de Cruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+
Europa Press

Os detidos no operativo levado a cabo na confraría de Cabo de Cruz, en Boiro (A Coruña), comezaron a pasar a disposición xudicial ao longo desta mañá de xoves. De tal forma, os detidos no marco deste operativo chegaron este xoves ao xulgado mixto número 2 de Riveira para prestar declaración.

Na operación foron detidos o expatrón maior de Cabo de Cruz, Carmelo Vidal; a exvicepatrona maior e expresidenta da agrupación de mariscadoras, Ermidas P. -que permanecían detidos-; así como a secretaria do pósito e un traballador dunha xestoría que tivo unha relación habitual coa entidade, á que asesoraba e levaba a contabilidade, que quedaron en liberdade.

O Xulgado mixto número 2 de Riveira é o que instrúe esta causa, pola que, en total, na xornada do martes se realizaron cinco rexistros e se procedeu a realizar catro detencións.

DENUNCIA DA FISCALÍA

Carmelo Vidal e Ermidas P. decidiron non se presentar ás últimas eleccións ás confrarías, celebradas ao inicio do verán pasado, despois dunha longa traxectoria que o tivo a el á fronte da entidade durante 23 anos.

En 2013, a Fiscalía denunciou por malversación directivos do pósito de Cabo de Cruz despois de que mariscadores críticos coa súa xestión lle enviasen escritos nos que denunciaban supostas irregularidades económicas.

19 de marzo de 2015 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.