publicidade hoxe

Os traballos para a mellora da calidade da auga do río Umia en Moraña comezarán en abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoraña
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudica as obras para a mellorar a calidade das augas do río Umia, por case 200.000 euros (198.621).

Trátase de dous contratos que permitirán o desenvolvemento de varias actuacións que eliminarán infraestruturas hidráulicas obsoletas de saneamento e depuración mediante as conexións das redes ao sistema de saneamento principal de Moraña.

A primeira actuación consiste na eliminación da Fosa de Casal e conexión das augas residuais alí recollidas á estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Moraña. Así mesmo, a esta fosa conectaranse as redes de saneamento de Fontenla, Penagrande e Querguizo, de recente execución por parte de Augas de Galicia.

A segunda actuación permitirá o remate da rede de saneamento do núcleo da Igrexa coa instalación dun colector para recoller as augas residuais de varias vivendas e conectalas á rede existente. Co obxectivo de eliminar no período de un mes a EDAR prefabricada de O Souto e incorporación das augas residuais alí recollidas á rede de saneamento de Moraña e, polo tanto, á EDAR de Moraña.

Estes traballos consistirán na instalación dun colector entre a fosa existente de O Souto e o novo pozo de bombeo que se construirá para a eliminación do punto de vertedura actual. A continuación, procederase á construción dun pozo de bombeo para impulsar as augas residuais recollidas neste punto ata a rede de saneamento existente, que finalmente evacuará as augas á EDAR de Moraña, conxuntamente co caudal da zona de O Casal.

Nos seguintes mapas pódense observar os ámbitos de cada unha das actuacións que beneficiarán a preto de 1.300 habitantes.

10 de marzo de 2015 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.