Os produtos do mar invaden a cidade olívica do 13 ao 15 de marzo en Marisvigo
A Praza do Berbés acollerá o 13, 14 e 15 de marzo o Marisvigo, unha festa gastronómica para degustar produtos do mar que, segundo o rexedor, se convirte na antesala da Reconquista. O programa inclúe cursos de cociña e animación musical.
A festa gastronómica Marisvigo abrirá as súas portas na Praza do Berbés entre o 13 e o 15 de marzo. Segundo explicou en rolda de prensa Caballero, será a antesala da Reconquista e unha oportunidade para degustar produtos do mar, acompañados doutras actividades como cursos de cociña ou animación musical. O horario da taquilla será de 12,00 a 16,00 horas e de 19,00 a 23,00 horas e haberá degustacións gratuítas ás 12,00 e ás 19,00 horas.
O venres ás 22,00 horas actuará Abóriga; o sábado pola mañá será A Papuxa a que amenice a comida, mentres que pola tarde chegará o turno de Algarabía. O domingo a música correrá a cargo da Asociación Folclórica Arandela. A charanga A cabeza non para actuará venres e sábado ao mediodía e o domingo pola tarde.
O rexedor estivo acompañado na rolda de prensa, ademais do concelleiro de Comercio, Angel Rivas, por Juan López Novoa, organizador; Anxo Méndez, representante dos comerciantes do Casco Vello; César Ballesteros, de Feprohos; e Rubén Pérez, dos comerciantes da zona Náutico.