Os populares acusan a Besteiro de poñer a chequera da Deputación ao servizo do PSdeG
O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, acusou este venres o presidente da Deputación de Lugo e líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, de “poñer a chequera” da institución que dirixe “ao servizo do seu partido”.
Preguntado sobre a proposta de Besteiro de financiar o servizo de hemodinámica 24 horas no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), o voceiro popular reprobou a “postura claramente electoralista” do socialista.
“Se o PSdeG quería a hemodinámica en Lugo, ¿por que non o fixo? Cremos que Besteiro o que está a facer é poñer a chequera da Deputación ao servizo do seu partido, facendo promesas e intentando facer uso electoralista desta cuestión,”, reflexionou.
Sobre o servizo de hemodinámica na cidade lucense, Tellado afirmou que “a postura é coñecida”, de forma que “os datos do servizo que se presta” evidencian que “é de calidade” e “non distintos aos servizos doutras provincias”.
Así, lamentou que Besteiro “siga usando a Deputación de Lugo” para facer “política electoralista” e “poñendo” a institución “ao servizo do PSOE. “Quizais por iso non volve presentarse”, remarcou, para concluír que se non o anunciase sería unha “solicitude” do PP.











