Os membros do Club de Empresas Obradoiro serviranse a cana perfecta con Estrella Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro xa ten todo preparado para unha das súas actividades do ano: a xornada “Empresa & Deporte: Unha conversa sobre a dirección de grupos e a resolución de conflitos”, posible este ano grazas ao patrocinio da empresa multinacional  AON, líder en xestión de riscos, correduría de seguros e consultoría de capital humano.

O evento, na súa segunda edición, terá lugar mañá mércores 25 de marzo a partir das 19.30 horas, no Club Financeiro de Santiago, e reunirá de novo a máis dun centenar de asistentes, todos eles membros do Club de Empresas Obradoiro.

A actividade comezará cunha conversación entre o técnico Moncho Fernández e o xerente do grupo Arestora, Juancho Armental, que contará con sorpresas e estará aberta á intervención dos presentes, para poder abordar desde todos os puntos de vista a aparición de conflitos na xestión de grupos humanos e as diferentes vías para resolvelos.

Tras esta parte máis técnica, todos os presentes poderán gozar dunha lección mestra sobre unha parcela moi diferente ideal para desconectar das longas xornadas de traballo: o mestre cervexeiro Fernando Iglesias, de Estrella Galicia, explicará aos empresarios a mellor maneira de servir unha cana.

Desde Estrella Galicia, “recomendamos o que se denomina o tiraxe en dous tempos: no primeiro énchese o vaso con tres cuartas partes de cervexa sen espuma, e no segundo este coróase cun tres centímetros de crema emulsionada”, algo que “completa as propiedades da cana e cámbiaa por completo”, como indica o propio mestre Iglesias.

A lección “Así se tira unha cervexa” será “unha breve explicación, pero seguro que serve para que os asistentes acaben póndose a si mesmos a cana perfecta”, chancea Iglesias.

24 de marzo de 2015 | 20:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.