Os Fexteiros regresan o domingo cun espectáculo bilingüe moi divertido
A programación infantil para a fin de semana chega cun novo espectáculo do programa Fexteiros, organizado pola Concellería de Xuventude. Nesta ocasión, a diversión será bilingüe posto que á hora do conto servirá para que os neos poidan practicar un pouco de inglés grazas ás aventuras de Gina Ginger, a protagonista da historia. O espectáculo desenvolverase o domingo pola tarde en Fexdega e a entrada é libre. Comeza ás seis.
O espectáculo desta semana chega da man da academia infantil Kids&Us, especializada no ensino de inglés en nenos. Esta sesión da hora do conto ou “StoryTime” leva por título “Gina Ginger’s birthday party”. A historia versa sobre o desexo de Gina de celebbrar o seu aniversario cunha festa, pero atópase co imprevisto de que ningún dos seus amigos pode asistir.
A personaxe de Gina Ginger no é unha desconocida posto que ademais de protagonizar libros de contos didácticos para aprender inglés, tamén conta con apps didácticas.











