Os detidos na Coruña por explotar a indixentes pasan a disposición xudicial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Dous dos detidos na provincia da Coruña por detención ilegal de indixentes pasan esta tarde a disposición xudicial, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Nesta operación, detívose catro membros dunha mesma familia, naturais de España e Portugal.

En concreto, segundo a Policía, estas persoas eran obrigadas a traballar “durante xornadas maratonianas construíndo edificacións ilegais, recollendo leña ou exercendo a mendicidade” e que, ao finalizar o día, “eran confinados en barracóns e caravanas situados en terreos apartados de núcleos de poboación”.

As investigacións iniciáronse tras recibir unha denuncia por parte dunha das vítimas, que puido pedir auxilio tras estar 14 días retida.

Esta persoa indicou aos axentes que había máis persoas na mesma situación e achegou unha descrición do lugar onde estivera confinado, un terreo illado de núcleos de poboación en zona rural do Lugar de Rumbo-Ledoño do municipio de Culleredo, na Coruña.

REXISTRO

Cos datos achegados polo denunciante, desenvolveuse un dispositivo no que se levou a cabo un rexistro do lugar, localizando outras dúas vítimas nun terreo anexo, que se achaban alí contra a súa vontade obrigados a traballar en réxime de escravitude”.

Os arrestados son propietarios e veciños dos terreos onde se atopaban as vítimas, situadas en asentamentos chabolistas. Algúns dos prexudicados eran enganados inicialmente coa promesa de traballar en feiras, pero despois pasaban a estar contra a súa vontade, recibindo agresións físicas e ameazas de morte se intentaban escapar.

6 de marzo de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.