Os contos máis famosos dos irmáns Grimm chegan este fin de semana ao Nuby Club
A colección de contos dos irmáns Jacob e Wilhelm Grimm inspirarán este mes as actividades do Nuby Club, que achegarán aos máis pequenos, a través de dinámicas de xogo e talleres, á obra de dúas das figuras máis importantes da cultura alemá, considerada dende 2005 Patrimonio Cultural da Humanidade. As actividades terán lugar na Sala de Xogos da 2º planta todos os sábados en dúas quendas, de 17:00 h. a 18:30 h. e de 18:30 h. a 20:00 h. -, con iguais contidos.
Os nenos coñecerán así os contos que chegaron aos nosos días dos irmáns Grimm, pero que distan moito dos orixinais – recompilaban historias, fábulas e lendas da tradición oral alemá-. Caperucita vermella, Pulgarcito, Hansel e Gretel… son hoxe coñecidos en todo o mundo como referentes da literatura infantil, non obstante, foi necesario rebaixar a súa crueza para facelos aptos para este público, chegando mesmo a ser modificado o final dalgún deles.
O sábado día 7 abrirá a programación o conto de Blancaneves e os sete enaniños co que os nenos se divertirán creando os seus personaxes principais con distintos materiais e gozando de xogos como a historia escenificada, árbores e osas, e a cabana.
O sábado 14 será a quenda da cincenta. Os pequenos aprenderán a fabricar xoaniñas baseadas nos seus protagonistas, ademais de vestidos e complementos cos que poderán cambiar o seu aspecto e crear a súa propia versión do conto. Participarán tamén en xogos como rápido que chegan as 12 ou aos zapatos -carreira de relevos-.
O sábado 21 poñeranse na pel de Rapunzel confeccionando a característica melena do personaxe con la e con xogos baseados no argumento do conto como o nó, o sapito ou nun salón francés.
O sábado 28 terá lugar un taller especial dedicado á Pascua e no que os monitores do Nuby Club ensinarán os asistentes a decorar galletas con divertidas figuras de fondant típicas destas datas como son os coellos ou os ovos de Pascua. A xornada completarase cunha yincana.











