publicidade hoxe

Os contacontos ilustrados regresan a Fexdega co espectáculo “Cósimo o esquío rampante”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

A programación dos Fexteiros continúa esta fin de semana cun novo espectáculo infantil no que o relato oral e a ilustración en vivo e en directo daranse a man para facer pasar unha animada tarde de domingo a todos os que se asen por Fexdega a parir das seis da tarde. A entrada é libre e de balde.

A actividade programada pola Concellería de Xuventude correrá a cargo de Polo Correo do Vento, un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.
Polo Correo do Vento xa interpretou hai unha semanas o espectáculo “O Mago Manolo e a Pita Agapita”, que gustou moito debido á interacción coa que se desenvolven as actividades deste colectivo no que os rapaces participan todo o tempo de forma moi activa.

O espectáculo deste domingo leva por título “Cósimo, o esquío rampante” e conta as súas aventuras para salvar ó carballo centenario no que vive.
O relator Enrique Mauricio encargarase de contar a historia de Cósimo, á vez que Carlos Taboada a irá ilustrando nun panel de grandes dimensións que o público asistente contribuirá a colorear ao final do espectáculo.

Unha vez rematado o conto, os cativos protagonizarán unha “rolda de prensa” guiada polos autores mediante a cal interaccionarán co conto e o debuxo. E despois participarán nun obradoiro de ilustración no que cada nenos poderá debuxar un dos personaxes do conto.

18 de marzo de 2015 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.