publicidade hoxe

Os colectivos de Muimenta demandan que os políticos cumpran a palabra dada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

O pasado venres día 13 tivo lugar a concentración tanto diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo e diante o Hospital Universitario Lvcvs Augusti de Lugo, onde os veciñ@s de Muimenta seguen reclamando que se cubra a tempo compreto a baixa da médico titular da praza, así como nos seus períodos vacacionais.

Os colectivos de Muimenta, demandan que os políticos cumpran a palabra dada e, despois de quince semanas con problemas de horario no Centro Médico de Muimenta, se leve a cabo as reunións comprometidas tanto pola Delegada Provincial da Xunta de Galicia en Lugo, como co Alcalde de Cospeito, xa que, xuntarse cuns quince ou dezasete veciñ@ nun restaurante do pobo para decirlles que dúas horas de atención sanitaria é suficiente, non é de recibo.

Despois de que se “coñecera” dita xuntanza, varios dos representantes dos colectivos, acudiron ao pleno extraordinario do pasado luns 16 de marzo, para intentar falar co Alcalde, e desta maneira coñecer as súas impresións. Para o cal, esperouse a que finalizara o pleno. O máximo representante do Concello quedou en chamar entre martes e mércores a ditos colectivos para concretar unha reunión despois de contrastar o comentado coa Delegada Territorial. A día de hoxe, e despois de realizar cinco chamadas este luns día 23, seguese sen obter resposta.

Polo cal, os representantes dos colectivos acudirán ao pleno de hoxe xoves 26 de marzo, para, testimonialmente, apoiar a moción de urxencia que se presentará en apoio da sanidade pública, en especial no rural, e desta maneira comprobar @s membr@s da corporación municipal públicamente respalden, ou non, as demandas da veciñanza e usuarios de Centro Médico de Muimenta (horario compreto en periodos de baixas laboráis e vacacións dos titulares das prazas, e que se realicen as probas do sintrón e análiticas en dito centro). A presentación de dita moción decidiuse en asamblea do pasado mércores día 4 de marzo.

Igualmente, o pasado luns 23 de marzo, varios representantes dos colectivos presentáronse no HULA para falar co Xerente da Estructura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, Don Antonio García Quintáns (xa que o día da concentración, non estaba no seu despacho). Chegouse ás once da mañá e foron atendidos dúas horas e media máis tarde (13:30 horas), pero non polo máximo responsable de atención primaria na provincia, senón por Rosendo Bugarín González (Director de Procesos sen ingresos e urxencias do HULA) e Pilar Rodríguez Ledo (Subdirectora do HULA). As explicacións que deron seguen sen convencer, xa que esto de que “os médicos non poden estar solos nun centro de saúde”, e unha desculpa bastante mellorable.

Quérese unha SOLUCIÓN de FUTURO, e que a situación non se volva a reproducir no tempo

Esta nota de prensa está asinada polos seguintes colectivos:

–  Asoaciación Cultural e Veciñal “Aquilino Iglesia Alvariño”

–   Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta

–   Asociación Cultural, Veciñal e Deportiva dos Xogos Tradicionais de Muimenta – XOTRAMU

–   Carabullo, Asociación Cultural e Xuvenil de Muimenta

–   Clube de Tenis de Muimenta

–   S.D. Muimenta

–   Sindicato Labrego Galego

26 de marzo de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.