publicidade hoxe

Os alumnos do SEK participan activamente nun pleno infantil en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+
Pleno infantil en Poio

Pleno infantil en Poio

No día de hoxe, alumnos do colexio SEK-Atlántico e o propio alcalde, Luciano Sobral, participaron nun particular pleno onde tanto os concelleiros de Goberno coma da oposición eran os pequenos estudantes.

Convertidos en concelleiros por un día, este inusual pleno tratou temas coma a conservación do patrimonio do Concello, a posta en marcha dun roteiro paisaxístico polo Monte Castrove ou unha campaña de axuda á práctica do deporte local para promocionar o noso concello.

Ademais, como último punto da orde do día, o público asistente preguntou ao alcalde sobre o marisqueo, a seguridade viaria, as pintadas dos petroglifos da Caeira, os horreos ou os concertos e festas deste ano.

11 de marzo de 2015 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.