Orozco preside a recepción ós mandos do Exército que participan na Procesión do Bo Xesús e do Nazareno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Procesión coa Brilat en Lugo

Procesión coa Brilat en Lugo

O Alcalde, José López Orozco, presidiu esta tarde a recepción que lle ofreceu o Concello ós mandos do Exército de terra que participan na Procesión do Bo Xesús e do Nazareno, no que tamén participaron varios membros da Corporación municipal ademais doutras autoridades.

Os membros do Grupo loxístico da Brigada de infantería lixeira aerotransportable Galicia VII e con base en Figueirido desfilaron diante do Concello de Lugo dirixidos polo Tenente coronel Angel Ramos García.

O acto, celebrado na Casa do Concello, como é tradicional na Semana Santa de Lugo, tivo lugar antes da participación das tropas do Exército de terra na procesión do Bo Xesús e do Nazareno, que comeza ás 20.30 na Catedral para percorrer de seguido o itinerario formado por Praza Pío XII, Bó Xesús, Praza de Santa María, Praza Maior, Armanyá, Santo Domingo, Rúa da Raíña, Praza Maior, Casas Nóvoa, Deán Varela, rúa dos Clérigos e Catedral.

31 de marzo de 2015 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.