Obradoiros e ludoteca na Feira do Lázaro de Verín
Co fin de converter a Feira do Lázaro nun evento completo con actividades destinadas para todos os públicos, o Pavillón de Deportes será o escenario, durante os días 20, 21 e 22 de marzo da realización dun amplo abano de obradoiros para nenos/as.
Na xornada do venres, os/as máis pequenos/as poderán participar, ás 17 horas, no obradoiro de cociña creativa para nenos/as, impartido pola Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (AEHCOM) coa colaboración da Antena Local de Verín da Cámara de Comercio e Industria de Ourense. Durante o mesmo, tres restauradores pertencentes á AEHCOM ensinarán en directo como elaborar diferentes pratos (principais e sobremesas), para o que contarán coa colaboración dos/as nenos/as que se atopen no recinto e estean interesados/as en participar neste obradoiro. Ás 18 horas volverán a ser protagonistas na actividade de animación con zancudos e globos de helio, e xa a partir das 19 horas, terá lugar un obradoiro do Día do Pai.
O sábado, de 17 a 20 horas, terá lugar un obradoiro infantil de pan, e xa no xornada do domingo 22 de marzo están previstas as seguintes actividades: xogos e manualidades con material reciclable (de 10 a 14 horas) e maquillaxe infantil (de 17 a 20 horas).
Por outra banda, o sábado 21 de marzo, ás 19 horas, terá lugar un espectáculo de grupos de baile e acrosport infantil. Ademais os tres días estará dispoñible un servizo de ludoteca para que os pais e nais poidan gozar da feira, mentres os cativos/as tamén se divirten, que estará situada no ximnasio do propio Pavillón de Deportes (venres de 19 a 22 horas, sábado de 16 a 22 horas, e o domingo de 10 a 14 e de 16 a 21 horas).
Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín AECT, Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Socitransa, Parador de Verín, Vipeca, Aceites Abril, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.











