publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Obradoiro de busca de emprego a través de internet en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

A maneira e os métodos utilizados por empresas que buscan persoas empregadas cambiou nos últimos anos. Estase tendendo ao uso xeneralizado de internet e portais de busca de emprego, son os métodos principais para o inicio dos procesos de selección incluso para as pequenas empresas da nosa comarca.

As redes sociais son unha inestimable fonte de información no proceso de busca de emprego.

Na actualidade, no Departamento de Emprego observase que moitas persoas non manexan esta sinxela ferramenta, dificultando e incluso evitando a participación en procesos de selección de persoal.

É imprescindible aprender a buscar traballo por internet e ademais é moi doado. Esta é a razón pola que o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local e a Oficina de Información Xuvenil (Aula de Informática) organizan un obradoiro gratuíto que impartirán conxuntamente Dani López (Formador da Aula de Informática Municipal) e Rosa Lage (Axente de Emprego e Desenvolvemento Local) os luns das 17:00 ás 18:00 horas.

A data prevista de inicio é o próximo 16 de marzo, sempre que se reúnan 8 persoas interesadas e as seguintes sesións serán o luns 23 e o luns 30 de marzo.

Os contidos que se desenvolverán son os seguintes:

- Contidos básicos de funcionamento dun ordenador.

-  Apertura de conta de correo electrónico.

- Envío de correos achegando Curriculum Vitae e Texto de Presentación.

- Manexo de buscadores de internet.

11 de marzo de 2015 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.