O Xogatlon de atletismo terá a súa penúltima xornada este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+
Xogatlon

Xogatlon

A pista de atletismo do CGTD de Pontevedra, celebra este sábado, de 10 a 11 da mañá, a cuarta xornada do Xogatlon, que patrocina o Instituto Municipal de Deportes; unha competición un tanto peculiar que xunta nunha hora, a tres diferentes disciplinas atléticas, nas que participarán os atletas da Escola Municipal de Atletismo e mozos doutros centros escolares e Clubs deportivos.

Para esta ocasión, celebraranse as especialidades de salto de altura, lanzamento de martelo e marcha atlética, sobre a distancia de 500 metros; todas elas adaptadas ás idades e nivel atlético dos mozos participantes.

6 de marzo de 2015 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.