O xenro do presidente de Monbus atópase entre os detidos na ‘Operación Cóndor’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoSanxenxo
A-
A+
Europa Press

O xenro do presidente do grupo empresarial Monbus detido no marco da ‘Operación Cóndor’, Rafael C., atópase entre os cinco arrestados neste novo operativo dirixido pola titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara Cifuentes.

Segundo a información facilitada por fontes xudiciais, os detidos, ademais de Raúl López, son Jesús U., responsable financeiro da compañía; e dous traballadores do grupo empresarial, Gustavo F. e Isolina G.

En concreto, Raúl López foi detido en Lugo, mentres que as outras catro persoas foron arrestadas no municipio pontevedrés de Sanxenxo, onde se levaron a cabo rexistros en hoteis vinculados ao presidente de Monbus, así como noutras instalacións relacionadas coa actividade empresarial deste en Santiago e outros puntos de Galicia.

No marco deste novo operativo da xuíza que tamén instrúe a ‘Pokémon’ investíganse delitos contra a facenda pública, branqueo de capitais, falsidade, delito contable, tráfico de influencias e suborno. Os investigadores non descartan novos arrestos.

19 de marzo de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.