publicidade hoxe

O voluntariado de Oleiros inicia a campaña “As catro estacións solidarias”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Banco Solidario do Voluntariado de Oleiros vai desenvolver ao longo deste ano 2015 unha nova campaña de recollida de produtos de alimentación denominada “AS 4 ESTACIÓNS SOLIDARIAS”. O obxectivo desta campaña, planificada para todo o ano 2015, é levar a cabo unha recollida, en cada estación do ano, en distintos lugares, dos produtos relacionados cunha das comidas diarias: almorzo, comida, merenda e cea. Nesta primeira campaña de recollida, correspondente á estación do inverno, vanse recoller produtos relacionados co almorzo nos centros públicos de ensino de infantil e primaria do Concello de Oleiros. A campaña vaise desenvolver do 9 ao 19 de marzo e os produtos que se solicitan son os seguintes: galletas, azucre, cacao, café, leite, zumes, cereais e marmeladas.

Todos os produtos que se recollan nos centros de ensino pasarán a integrar o fondo do Banco Solidario, proxecto creado desde o Voluntariado de Oleiros para complementar as actuacións que se levan a cabo desde outros programas municipais, así como os realizados por outras entidades sociais do concello. A semana pasada un grupo de voluntarios de Oleiros presentou a campaña a través de Radio Oleiros, así como a través dunha carta dirixida ás familias dos menores escolarizados en todos os centros de ensino.

12 de marzo de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.