O vindeiro martes comeza en Monforte o programa “Ler conta moito”
O próximo martes día 31 de marzo comezan as actividades do programa “Ler conta moito”, promovido pola Consellería de Cultura a través da Rede de Bibliotecas.
As diversas actividades e obradoiros que inclúe este programa, organizadas polo concello de Monforte e a Xunta de Galicia, desenvolveranse en diferentes locais da Biblioteca Municipal e da Casa da Cultura.
A primeira destas actividades levarase a cabo o vindeiro martes día 31 de marzo entre as 12:00 e as 14:00 horas na Sala Infantil da Biblioteca Municipal. Trátase de “O Método Científico”, un obradoiro de divulgación do coñecemento dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos que realizará o colectivo Imaxinatia. As prazas para participar no obradoiro son limitadas e requírese inscrición previa na Biblioteca Municipal.
As demais actividades do programa “Ler conta moito” desenvolveranse en diferentes datas, nos mesmos lugares e a partir das 18:00 horas. Estas actividades son as seguintes:
– 23 de abril: Marcapáxinas-Lupa no Día do Libro (nenos/as de 6 a 12 anos)
– 21 de maio: Imos Xogar con Xosé Filgueira (nenos/as de 4 a 12 anos)
– 24 de setembro: Leo Leiño (nenos/as de tres anos en adiante)
– 22 de outubro: Contos do Mundo (nenos/as de 5 a 10 anos)