publicidade hoxe

O venres inaugúrase a nova praza de Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O goberno municipal inaugurará este venres ás 12.30 horas a nova praza pública de Nigrán. Un tramo dunha rúa que foi reconvertida polo goberno municipal nun espazo de lecer e esparexemento para pequenos e maiores, cunha superficie de 1.400 metros cadrados, no que se prioriza a figura do peón.

A primeira praza pública do centro de Nigrán, que recibirá o nome de “Praza do Concello”, conta con zonas verdes, parque infantil, bancos e un foro fronte ao acceso ao Salón de Actos municipal, deseñado para albergar actuacións ao aire libre, “habilitando esta zona neurálxica do municipio nun punto de encontro para os vecinos”, apunta o alcalde, Alberto Valverde.  

Con esta actuación, financiada polo goberno municipal a través dun plan de obras e servizos da Deputación de Pontevedra por valor de 218.456 euros, o goberno local dá o primeiro paso para consolidar o centro urbano de Nigrán como un punto de encontro veciñal e de lecer, que axudará ademais a dinamizar a actividade hostaleira e comercial da zona.

18 de marzo de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.