publicidade hoxe

‘O tren dos números’ fai parada na Biblioteca de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro xoves 19 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O tren dos números’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre números e operacións matemáticas; e como manualidade unha calculadora -os/as participantes deberán traer unha unha goma eva de cor rosa ou vermella (tamaño A4), unha goma eva de cor azul claro (tamén tamaño A4), unha cartolina branca grande, un cartón (pegado á cartolina anterior, ben enteiro ou en dúas metades) e un velcro adhesivo (30 centímetros)-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

16 de marzo de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.