O tráfico por Juan Carlos I e Rosalía de Castro verase afectado pola reposición do firme o xoves e venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O tráfico rodado por Juan Carlos I e Rosalía de Castro verase afectado o xoves e o venres como consecuencia das obras de reposición do firme que s elevarán a cabo nos tramos nos que se ven de renovar a rede de saneamento. A circulación manterase en ámbolos dous sentidos, aínda que disporase dun único carril polo que irán alternando os vehículos con dirección a Santiago e Pontevedra.

A reposición do firme era unha actuación prevista no proxecto de mellora e renovación da rede municipal de saneamento levado a cabo en cinco puntos do municipio. Os traballos consistirán no fresado da capa de rodadura do firme en toda a sección transversal da vía e o asfaltado do mesmo. Tamén se reporá toda a sinalización horizontal.

As obras de renovación do saneamento xa remataron. Ademais de en Juan Carlos I e en Rosalía de Castro, realizáronse melloras en López Ballesteros, Cornazo e Rúa Figueiras. A empresa adxudicataria do proxecto, Covsa, xa asfaltou en Cornazo e onte remataba na Rúa Figueira. A semana pasada repuxo o firme en López Ballesteros onde dó queda pendente un `pequeno tramo que se executará despois de Juan Carlos I.

24 de marzo de 2015 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.