O Torrente Ballester acolle o obradoiro didáctico “Colaxe. Sen límites á imaxinación”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, mantén ata o vindeiro xoves, día 12 de marzo, o prazo de inscrición para anotarse no obradoiro gratuíto para nenos “Colaxe. Sen límites á imaxinación”. A actividade está dirixida a menores entre 7 e 10 anos e os interesados deberán enviar un correo electrónico a info@centrotorrenteballester.com, xa que o límite de prazas é de 12.

Este obradoiro didáctivo desenvolverase o vindeiro sábado, día 14 de marzo, en horario de 11:30 a 13:00 horas no Centro Cultural Torrente Balleste e con motivo da exposición Fausto Isorna. O ceo das ilusións e outras colaxes. A actividade comezará cunha breve explicación sobre as orixes da colaxe e as diferentes posibilidades expresivas da técnica. Durante a visita guiada proporcionaranse as claves para entender de forma sinxela os principios da colaxe e a linguaxe creativa do autor, a través de diferentes exemplos que poderán ver ao longo da exposición.

Esta proposta práctica consistirá na creación dunha colaxe persoal a partir recortes de revistas, periódicos e papeis de cores, que cada neno e nena poderá realizar de forma independente en función dos seus gustos e intereses. Os resultados poden ser moi diversos e orixinais. Ademais, cada menor terá a opción de decorar a súa propia obra facendo un marco personalizado. Todos os materiais se proporcionan no taller.

10 de marzo de 2015 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.