publicidade hoxe

O Torneo de Fútbol 8 de Lousame abre o prazo de inscrición gratuíta para os equipos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLousame
A-
A+

O Torneo de Fútbol 8 do Concello de Lousame celebrará a súa terceira edición os días 1 e 3 do vindeiro mes de maio. O día 1 xogaranse as categorías benxamín e alevín no campo municipal de Cabanetán (Lesende) mentres que o día 3 está reservado para a competición prebenxamín no campo municipal de Cruído (Lousame).

A competición ten xa aberto o seu prazo de inscrición, de carácter gratuíto, a todos os equipos que o desexen, sexan ou non do municipio. Durante este mes de marzo, os equipos que participaron en edicións anteriores terán prioridade na anotación.

O torneo está homologado pola Federación Galega de Fútbol, de maneira que as licenzas federativas son válidas para a participación. Na pasada edición, sumou 34 equipos participantes e acudiron máis de 2.000 persoas, entre xogadores, persoal técnico, acompañantes e familiares. Como forma de incentivar a participación e de conferirlle un carácter totalmente familiar ao evento, os organizadores preparan unha serie de actividades complementarias ao torneo, con xogos infantís, obradoiros e sorteos de agasallos.

11 de marzo de 2015 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.