O Teatro Jofre acollerá a partir a homenaxe ás madriñas e rondallistas
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidirá mañá xoves no Teatro Jofre os actos institucionais con motivo do Día das Pepitas e da conmemoración da Irmandade co Concello de Mondoñedo. O acto dará comezo ás 17:00 horas e homenaxeará ás madriñas e rondalllistas. Os homenaxeados deste ano serán Manuel Pardavila López e Pedro Paz Freire, que forman parte de “Añoranzas”; Manuel Arribe Lamas, de “Club de Campo”; e Juan Hernández Martínez, fundador da rolda “Añoranzas”. Esta tarde no despacho do Jofre estarán disponible as últimas invitacións para asistir a este acto, tralo reparto feito aos compoñentes das agrupacións de rondallas.
E trala conmemoración institucional, será o festexo popular desta centenaria tradición declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. A partir das 18:00 horas, a praza de Galicia acollerá a concentración de rondallas: Añoranzas, Bohemios, Club de Campo, Sonidos del Alba, Trovadores de Ares, Rondalla Mugardesa, Lucero del Alba, e a Rondalla de Cariño; que posteriormente percorrerán as rúas da cidade. En torno ás 20:30 horas comezará na praza de Amboage o festival, que se prolongará até as 23:00 horas aproximadamente.











