O Teatro García Barbón acolle o musical Keltia este sábado

Presentación de Keltia O Musical
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez Escudero, participou este martes na presentación de “Keltia O Musical”, que se representará no teatro Afundación este sábado, ás 20:30 horas, coa colaboración do Concello de Vigo. O espectáculo contará co actor Bruxo Queiman, a voz de Andrea Pousa e a música da Banda Keltia.











