“O Son que me Arrola” será a proposta musical para o vindeiro fin de semana para os cativos de Monforte
O Son que me Arrola, unha proposta musical para as nenas e nenos de entre 6 meses e tres anos de idade, que se desenvolverá en Monforte o vindeiro día 10 de abril.
O Centro Cívico Social do Paseo do Malecón acollerá, ás 17:30 h do venres día 10 de abril, unha actividade musical gratuíta para os e as pequenos/as da casa.
O Son que me Arrola é unha proposta musical dirixida ás familias que ofrece a posibilidade de achegar ós máis pequenos a cultura tradicional galega. Os cantos de berce, as rimas e a instrumentación, guiarán este achegamento da infancia ó mundo musical.
A actividade consta de dúas partes, unha dedicada á escoita, e outra na que as nenas e nenos participan activamente coa exploración de instrumentos.
O Son que me Arrola, organizado polo Concello de Monforte en colaboración coa asociación socio-educativa Antonio Gandoy, é unha actividade gratuíta pero con prazas limitadas, motivo polo que resulta preciso reservar praza nos teléfonos 982 216 001 ou 629 612 897.











