O Santiago Futsal prepárase para o partidazo do ano
A pouco máis de 15 días para o encontro da 27ª xornada de Liga, na que Santiago Futsal recibe ao FC Barcelona, o club da capital galega xa quenta motores para o partidazo do ano. O sábado 4 de Abril o Multiusos Fontes do Sar será unha festa do fútbol sala na que se espera, sexa a mellor entrada do ano cunha asistencia aproximada de 4000 persoas.
O actual líder da liga visitará a un Santiago Futsal que xa asegurou a permanencia, pero que quere alcanzar postos máis altos na clasificación e consolidarse na zona media da táboa.
Ademais, as cámaras de Teledeporte de TVE estarán presentes no encontro e retransmitirán o partidazo en directo desde o Multiusos Fontes do Sar o sábado 4 de Abril ás 13h.
Por outra banda, e coincidindo coa celebración do Torneo ‘Cidade do Futsal’ que organiza Santiago Futsal, coa colaboración de Viaqua e Cidade da Cultura os días 2 e 3 de Abril, o colofón final ao Torneo será a asistencia de todos os participantes ao encontro de maneira totalmente gratuíta.
Desde esta mañá o Santiago Futsal pon en marcha a campaña de promoción do encontro entre Santiago Futsal e FC Barcelona, para o que se repartirán folletos do partido por toda a cidade. Cada un deses folletos conta cunha entrada gratuíta para menores de 17 anos, polo que se es menor de 17 anos e queres vivir o mellor fútbol sala non dubides en facerte cun deles.
As entradas para o encontro pódense comprar nas oficinas do club (Rúa Diego Bernal S/N- Multiusos Fontes do Sar) en horario de 10 a 14h ou no despacho de billetes do Multiusos o día de partido a partir das 12h.
Os prezos para non abonados serán de 15€ adulto, 5€ os nenos de idades de 13 a 17 e 2€ infantil. A entrada para abonados adulto terá un prezo de 5€, así como os abonados menores de 17 anos accederán de maneira gratuíta.