O Santiago Futsal irá a pola Copa Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Santiago Futsal enfrontarase mañá á final pola que o equipo leva loitando desde principio de tempada: a Copa Xunta. O equipo sabe da importancia que o título autonómico ten para o club, sétimo para o conxunto da capital galega e que lle permitiría revalidar o título de “Rei de Copas de Galicia”.

Os de Santi Valladares xogarán a undécima final de Copa Xunta na historia do club, da que xa ostentan seis títulos. Na última final, a tempada pasada, conseguiron superar a Burela FS 3-7 nun partido intenso e que se decidiu nos minutos finais.

En fronte terán a O Parrulo FS, equipo da 2ª División Nacional, que superou a Burela FS no encontro de semifinais do torneo galego que se decantou a favor dos ferroláns na quenda de penaltis.

Para o encontro de mañá, Santi Valladares contará con todos os seus efectivos aínda que o xogador Hugo Sánchez será dúbida ata o último momento por sufrir unhas molestias no ligamento lateral interno.

O equipo non estará só nas Pontes, e é que un total de 80 seguidores do Santiago Futsal, aqueles que se fixeron coas entradas que o club puido pór á venda, desprazaranse á final da Copa Xunta nun autobús facilitado polo club ou en coches particulares.

31 de marzo de 2015 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.