O salón de actos municipal acollerá este venres os Premios Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Salón de Actos Municipal acollerá este venres a partir das 20.00 horas os Premios Nigrán 2015, que na presente edición terá á Asociación Avelaína, a Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán, o C.E.I.P. Carlos Casares, as Escolas Deportivas Val Miñor, Ciclos Palacios e CIMALab como protagonistas.

Antes da gala, os veciños e veciñas de Nigrán poderán coñecer máis de preto aos galardoados, xa que Vigo Hoy por Hoy da Cadena Ser desprazarase o venres a Nigrán, nun programa aberto ao público que se emitirá desde o Salón de Actos Municipal a partir das 12.25 horas, no que poderemos coñecer con máis detalle a candidatura da cuarta edición dos Premios Nigrán.

Este acto institucional chega á súa cuarta edición consolidado como un acto de recoñecemento público, deseñado polo actual goberno para recoñecer e, sobre todo, agradecer o traballo e esforzo dos premiados ao longo da súa traxectoria persoal e profesional, pola súa achega e colaboración na configuración e construción dun Nigrán mellor.

25 de marzo de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.