O sábado celébrase a quinta e última xornada do Xogatlon de atletismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Sociedade Ximnástica de Pontevedra, grazas ao patrocinio do Instituto Municipal de Deportes, leva dúas tempadas realizando unha competición particular de atletismo, denominada Xogatlon, dirixida sobre todo aos novos atletas da Escola Municipal de Atletismo e na que busca que os futuros deportistas vaian realizando e coñecendo as diferentes especialidades atléticas, carreiras, saltos, lanzamentos, etc.

O vindeiro sábado, de 10 a 11 da mañá, no CGTD disputarase a última xornada do actual curso coas probas de lanzamento de peso, salto de lonxitude e carreiras de substitucións; todas elas adaptadas á idade dos atletas e ao seu nivel de coñecemento.

Á conclusión entregaranse premios a todos.

26 de marzo de 2015 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.