publicidade hoxe

O PSOE sinala ao asfaltado de rúas como outra mostra máis do afán electoralista do alcalde de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

O PSdeG-PSOE de Miño recibe con satisfacción que, á fin, o Concello decida poñer solución ás carencias dos pavimentos de rúas como Taina, Pumariega e Robaleira. Trátase de necesidades que os socialistas miñenses denunciaran como precisas en reiteradas ocasións en pleno, buscando que se dese solución a problemáticas que se detectaban nesas rúas.

Dende o PSdeG-PSOE de Miño lamentan que unha vez máis o Goberno local, que preside Jesús Veiga, poña en marcha medidas necesarias, pero o faga tarde e con fins electoralistas. Segundo manifesta Manuel V. Faraldo, voceiro e candidato socialista no Concello de Miño, inténtase facer en tres meses o que non se levou a cabo en anos, ademais de ter que botar man das ideas do grupo municipal socialista, xa que carecen de proxecto para Miño.

Este afán electoralista, que está a poñer de manifesto o alcalde Jesús Veiga nas últimas semanas, corrobora que o seu goberno significou, na práctica, unha condena de tres anos e nove meses para os veciños que padeceron durante todo este tempo o desgoberno e a desidia municipal. A cidadanía padeceu tres anos e nove meses de fochas ou farois fundidos, para agora observar como Veiga pon en marcha, a toda présa e sen planificación, tres meses de obras que intentan parchear a súa desidia previa. O resto do mandato, o alcalde de Miño deixou claro que lle importaron ben pouco as molestias e riscos soportados polos miñenses.

18 de marzo de 2015 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.