O PSOE provincial de Lugo lamenta o falecemento de Francisco Cacharro
O secretario provincial do PSOE de Lugo, Juan Carlos González Santín, lamentou profundamente o falecemento do que durante máis de dúas décadas foi presidente da Deputación lucense, Francisco Cacharro. Nun comunicado remitido aos medios, Santín destacou que se tratou dunha persoa de “dilatada traxectoria política” que ocupou diversos cargos a nivel institucional e que forma parte xa “da historia política de Lugo”. Francisco Cacharro Pardo faleceu a primeira hora deste domingo aos 78 anos de idade. O político lucense arrastraba problemas de saúde polos que permanecía ingresado no Hospital Polusa de Lugo.











