publicidade hoxe

O Prone Lugo F.S. prepara o partido ante o Palma Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Prone Lugo empezará este luns a preparar o partido do próximo sábado (20:30 horas – Pavillón Municipal) ante o Palma Futsal, no que será o seu penúltimo partido da tempada como local.

Os de Manolo Vázquez loitarán por competir e poder sumar algún punto no seu afán de superar ao Uruguay Tenerife e cederlles o último posto da táboa clasificatoria, ante un rival que tentará de asegurarse xa un posto entre os oito primeiros. O técnico lucense non poderá contar para este partido con Cospe nin con Rubén Mouriz,si espera recuperar a Javi Río, mentres que Manuel María e Diego Núñez serán dúbidas á espera de ver como evolucionan durante a semana.

Así se desenvolverá o traballo semanal:

Luns 30:

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Martes 31:

10:30 horas: Sesión Específica de porteiros (Municipal)

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Mércores 1:

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Xoves 2:

Venres 3:

20:30 horas: Prone Lugo F.S. – Palma Futsal

Sábado 4:

Descanso

Domingo 5:

Descanso

30 de marzo de 2015 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.