O Prone Lugo F.S. prepara a semifinal da Copa Xunta
O Prone Lugo comeza este luns a preparar o partido do próximo sábado (18:00 horas – Pavillón Municipal de Peñíscola) ante o Peñíscola Bodegas Dunviro, logo de caer derrotado na semifinal da Copa Xunta ante o Santiago Futsal.
Os de Manolo Vázquez loitan por competir e poder sumar algún punto no seu afán de superar ó Uruguay Tenerife e cederlles o último posto da táboa clasificatoria. O técnico lucense agarda poder recuperar os efectivos que estiveron ausentes nas últimas xornadas, caso de Rubén Mouriz, Nacho Pedraza ou Diego Núñez.
Así se desenvolverá o traballo semanal:
Luns 23:
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Martes 24:
10:30 horas: Sesión Específica de porteiros (Municipal)
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Mércores 25:
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Xoves 26:
19:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Venres 27:
12:00 horas: Sesión Técnico-Táctica
Sábado 28:
18:00 horas: Peñíscola Bodegas Dunviro – Prone Lugo F.S.
Domingo 29:
Descanso











