O Prone Lugo busca a motivación para enfrontarse ao Peñiscola Bodegas Dunviro
Esta tarde celebrouse a roda de prensa previa ao partido que este sábado (18:00 horas- Pavillón Municipal de Peñíscola) enfrontará ao Prone Lugo ante o Peñiscola Bodegas Dunviro, nela interviñeron o técnico Manolo Vázquez e o xogador Alex Diz.
Declaracións:
Alex Diz:“É complicado motivarse agora mesmo, pero hai que gozar da categoría, quedan cinco partidos e hai que traballar para poder volver. Sempre saímos a gañar e está claro que queremos pasar a Uruguay Tenerife, é o único reto que nos queda, pode ser complicado, pero non imos deixar de loitar. Peñíscola na súa casa é forte, pero imos intentar competir e a facelo o mellor posible. É un equipo moi ordenado e o grupo é o que prima. Todo o que estamos preparando é para o futuro, son semanas importantes de face ao ano que vén. De momento non sei nada sobre o meu futuro ”.
Manolo Vázquez: “Estamos baixo mínimos, despois do adestramento de hoxe saberemos si levamos oito ou nove xogadores de campo, viaxaran os tres porteiros. Estamos sen peches, Javi Río non está e Diego Fente tampouco, imos ter que levar un par de xuvenís. Nacho Pedraza vai viaxar, esta semana tivo continuidade e vai participar. Si é necesario Óscar pode xogar de campo, está sendo serio no traballo de xogador. O peor son as lesións que non axudan a que os adestramentos teñan a máxima calidade, e que condicionan moito o traballo, pero hai que adaptarse e ser o máis serios adestrando e competindo. Peñíscola é un equipo serio e solidario que compite ben, na zona dos pivots son dominantes, aínda que eu prefiro xogar contra equipos con pivots dominantes .”