O primeiro equipo do Celta sométese a unha completa analítica no Hospital Vithas Fátima
Os xogadores do primeiro equipo celeste sometéronse durante este martes e mércores a unha completa analítica no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima. Os resultados deste control permitirán aos servizos médicos do club avaliar con precisión o estado físico do equipo de cara á recta final do campionato ligueiro.
As probas incluíron análise de sangue e ouriños, ao igual que nos exames médicos de principio de tempada. Vithas Nuestra Señora de Fátima é o hospital de referencia do Real Club Celta e provedor de servizos médico-sanitarios do club dende mediados dos anos 70.