O presidente de Monbus permanece detido en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoLugo
A-
A+
Europa Press

O propietario e presidente da empresa de transportes Monbus, Raúl López, permanece detido nos calabozos da Garda Civil da Comandancia de Lugo da Praza de Bretaña, segundo confirmaron fontes do Instituto Armado. A detención foi levada a cabo nas últimas horas por axentes de Vixilancia Aduaneira, que trasladaron ao empresario lucense ata os calabozos, onde permanece custodiado pola Garda Civil.

Á primeira hora da mañá deste xoves chegou á Praza Bretaña Raúl López, cuxa empresa Monbus, con base no barrio da Louzaneta, está a ser rexistrada por axentes de Vixilancia Aduaneira.

O operativo enmárcase dentro dunhas dilixencias declaradas secretas polo Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, que leva Pilar de Lara Cifuentes, quen tamén instrúe a ‘Pokémon’, operación da que se desmarcan estas novas actuacións.

19 de marzo de 2015 | 10:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.