publicidade hoxe

O presidente da Deputación visita ás obras de mellora no río Limia ao seu paso polo tramo urbano de Xinzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseXinzo de Limia
A-
A+
Manuel Baltar na visita a Xinzo

Manuel Baltar na visita a Xinzo

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín; o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, visitou hoxe as obras de mellora que se están a realizar no río Limia ao seu paso por Xinzo de Limia.

As obras, que contan cun investimento de 670.530 euros, foron financiadas nun 80% con fondos europeos e un 20% por parte da CHMS, encargándose o Concello de Xinzo de Limia de poñer os terreos para a execución dos traballos. Consisten na mellora do dominio público hidráulico e da capacidade desaugadoiro do río Limia ao seu paso pola vila de Xinzo.

En concreto, as actuacións consisten na mellora das condicións hidráulicas e de integración ambiental e de restauración, así como a estabilización de taludes. Tamén contempla o proxecto a demolición da pasarela peonil de formigón, situada na zona das piscinas municipais, e a construción dunha nova pasarela de metal e de dimensións, xa que a existente atopábase en mal estado e supoñía un risco importante para os viandantes.

Asemade, inclúese a ampliación da ponte de O Bouzo, o desvío de canalización de bombeo fixada na pasarela existente, o retranqueo dun tramo do alumeado municipal por interferir coa rampla da marxe dereita da nova pasarela peonil, e a substitución de dous colectores de drenaxe lonxitudinal na marxe esquerda do río Limia, nas inmediacións da ponte do Bouzo.

5 de marzo de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.