O presidente da Deputación visita a lonxa da Coruña con motivo das actividades do Fórum Gastronómico

Diego Calvo na visita á lonxa
O presidente da Deputación, Diego Calvo, participou esta mañá xunto ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e outros concelleiros nunha visita á lonxa da cidade organizada con motivo do Fórum Gastronómico que comeza o domingo en Expocoruña e que conta coa colaboración da institución provincial.
A visita comezou ás seis e media da mañá e rematou cun almorzo a cargo do prestixioso cociñeiro Eduardo Pardo.
O Fórum celebrará outra visita á lonxa este xoves para a que é necesario inscribirse previamente a través do teléfono 981 93 53 03 ou no correo electrónico relacionespublicas@forumcoruna.com.











