O Porto da Coruña abre unha investigación para saber a orixe de hidrocarburos na ría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Enrique Losada, confirmou a apertura dunha investigación para determinar “cál foi a orixe da contaminación” que provocou uns niveis de hidrocarburos superiores aos legalmente permitidos na Ría da Coruña e que obrigou ao seu peche.

“Isto pode ser calquera cousa”, admitiu, a preguntas dos xornalistas, o presidente da Autoridade Portuaria, quen se remitiu á investigación aberta par determinar a súa orixe.

Ao respecto, recordou que, noutra ocasión, os niveis de hidrocarburos detectados estiveron vinculados “a un acto de vandalismo”, pero agora insistiu na conveniencia de “non facer especulacións”. Con todo, dixo que se están a poñer “tódolos medios posibles” para determinar a causa.

FURTIVISMO

Pola súa banda, preguntado polas denuncias do colectivo de mariscadores sobre o aumento do furtivismo, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avogou pola acción “represora e preventiva” para afrontar este problema.

“O esforzo non vai decrecer”, sinalou o vicepresidente da Xunta. “O problema está aí”, admitiu tamén despois de que o sector denunciara un incremento da presenza de furtivos na Ría do Burgo.

9 de marzo de 2015 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.