publicidade hoxe

O piragüismo galego volve á intensa actividade con tres probas na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedraTomiño
A-
A+

O Campionato Galego de barcos de equipo, o sábado pola mañá en Verducido, e as primeiras xornadas da liga Galega alevín e infantil e da liga de Slalom, conforman un amplo programa de regatas. Case mil padexeiros estarán presentes nestas competicións.

O sábado, a partir do nove e media da mañá, Verducido será o escenario onde se dispute o Campionato Galego de barcos de equipo. Participarán os C-2 e K-2 nas categorías de cadete, xuvenís, sénior e veteranos. Na lista de inscritos figuran 400 deportistas, entre os que se atopan André Oliveira, Ton Campos, Diego Romero, Óscar Graña, Carlos Pérez Rial, Rubén Millán ou Roi Rodríguez. Este campionato disputarase sobre a distancia de cinco mil metros. En total realizaranse once saídas. A última será sobre a unha da tarde.

O domingo iníciase, tamén en Verducido, a liga Galega de alevíns e infantís para K-1 e C-1, coa presenza de 400 padeeiras. Esta regata foi suspendida no seu día polo mal tempo. Á cita acudirán máis de corenta clubs que comezan desta maneira a tempada oficial nestas categorías. Ao longo do ano hai previstas varias máis.

E tamén o domingo pola mañá disputarase en Tomiño a primeira xornada da liga Galega de promoción de slalom. Unha competición na que estarán o sete mellores clubs da especialidade que presentarán na liña de saída a máis de setenta padexeiros. Alevíns, benxamíns e infantís, tanto en C-1 como en K-1, serán os protagonistas.

26 de marzo de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.