O obradoiro de Ecofeminismo achega a Monforte as plantas e as súas propiedades
O venres día 13 de marzo, de 16:00 h. a 20:00 h. na Sala de Actividades do Centro Cívico e Social do Paseo do Malecón, levarase a cabo o obradoiro “Ecofeminismo”.
Este obradoiro desenvólvese dentro das actividades do Día Internacional da Muller e procurará axudaranos a coñecer o noso corpo, mimalo e coidalo, empregando produtos naturais artesanais a través de prácticas receitas.
Afondarase no coñecemento e as achegas do ecofeminismo ós auto coidados, empregando plantas e esencias dende o respecto ao entorno.
Contidos:
– Paseo guiado polos arredores da zona identificando plantas medicinais autóctonas: riqueza, variedade, historia.
– Identificación das plantas medicinais cultivadas.
– Identificación e uso de herbas aromáticas. Aromaterapia
– Momento óptimo de recolección. Partes a recolectar.
– Secado e conservación.
– Uso das plantas medicinais nas pequenas doenzas. Fitoterapia.
– Preparación e dosificación.
– Elaboración de preparacións con plantas recolectadas e cultivadas.
Con este tipo de actividades intentamos cultivar outra maneira de saber, valorando as nosas fortalezas, descubrindo e aprendendo as ferramentas, estratexias e habilidades necesarias para deseñala e creala. Cremos que é posible unha forma de vida máis amable, menos competitiva e máis respectuosa coa natureza e coa diversidade de persoas que habitan a terra.
Para participar neste obradoiro é necesario inscribirse previamente no Centro de Información á Muller sito no primeiro andar do Centro Cívico e Social do Paseo do Malecón ou no número de teléfono 982 416 350.