O novo acceso ao porto de Burela eliminará arredor de 400 camións ao día do núcleo urbano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaLocal PortadaLugo
A-
A+
Ethel Vázquez na visita ás obras

Ethel Vázquez na visita ás obras

O novo acceso ao porto de Burela que a Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas está a executar permitirá optimizar as comunicacións ao reducir o tráfico pesado no centro de Burela. Segundo subliñou hoxe Ethel Vázquez trátase dunha infraestrutura etratéxica, e que evitará a circulación de máis de 400 vehículos pesados ao día polo núcleo urbano de Burela e facilitará a entrada e saída ás instalacións portuarias, o que mellorará a seguridade na zona e reforzará a competividade das instalacións portuarias.

Segundo destacou a conselleira, estamos a falar dunha infraestrutura estratéxica tanto para as instalacións portuarias, que se atopan nos primeiros postos en volume de operacións entre os portos adscritos.; como para o desenvolvemento da comarca da Mariña, no que o sector pesqueiro ten unha gran relevancia económica.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura realizou hoxe, xunto ao alcalde, José María González Barcia, unha visita ás obras, que comezaron o pasado mes de novembro e cuxo ritmo vén de incrementarse recentemente grazas á autorización outorgada polo ADIF para o desvío da liña FEVE que se ve afectada pola actuación.

As obras para dotar ao porto de Burela dun novo acceso supoñen un investimento de 8 millóns de euros e a previsión para o seu remate finais de 2016. A nova vía de 1,26 quilómetros, enlazará coa Avenida da Mariña na zona portuaria, á altura da nova lonxa.

Actualmente o acceso á zona portuaria realízase atravesando o núcleo urbano da vila, coas molestias e a perigosidade que isto supón, tanto para os usuarios do porto como para os propios veciños do municipio.

Por último, a conselleira indicou que esta actuación “pon de manifesto a clara aposta da Xunta pola mellora da accesibilidade e da seguridade viaria, e o noso interese por dotar a esta comarca da Mariña de infraestruturas que favorecen a actividade económica e contribúen a incrementar a competitividade”

23 de marzo de 2015 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.