O monólogo “El orgasmo es cosa de mujeres” posponse ao próximo mércores día 25 de marzo
Debido a un problema de representación por parte da compañía teatral, a representación prevista para este xoves día 19 no Café Grándola será finalmente o mércores día 25. Laura Mandarina, recoñecida artista e presentadora, dará comezo a partir das 20:30 horas dun monólogo denominado “El orgasmo es cosa de mujeres”.
Este acto forma parte da programación elaborada por parte da Concellería de Igualdade entre os días 6 e 26 de marzo, en conmemoración do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. No programa inclúese música, pintura, danza, un recital poético, unha mostra de artesanía, cine, teatro.. e outras propostas dirixidas tanto a homes como a mulleres.
Dentro desta programación, os seguintes son os actos previstos nas próximas datas:
– Mércores 18 de marzo:
Teatro: O Furancho, de Ibuprofeno Teatro. Con Marián Bañobre e Isabel Risco de artistas, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso. Ás 20:30 h no Auditorio Municipal.
– Mércores 25 de marzo:
Monólogo: “El orgasmo es cosa de mujeres”, de Laura Mandarina. Ás 20:30 h no Café Grándola.
– Xoves 26 de marzo:
Conferencia: Emilia Pardo Bazán, unha nena seducida polos libros, unha muller seducida pola escrita. Relata María Xosé Queizán. A partir das 20 h no Centro Municipal José Ángel Valente.











