publicidade hoxe

O monólogo de Carlos Blanco será a primeira das citas lúdico-cultural en Poio dos vindeiros meses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPoio
A-
A+

A Asociación Deportiva e Cultural de Campelo, en colaboración coa Concellería de Deportes de Festexos do Concello de Poio, presentou a súa programación de cara os vindeiros meses, na cal se levarán acabo actividades centradas no eido deportivo, cultural e festivo.

O vindeiro día 10 de Abril organizan ,xunto co Concello de Poio, un monólogo a cargo do humorista Carlos Blanco. Dita cita terá lugar no Local Social de Campelo a partir das 21.30 horas.

Todos aqueles interesados poderán adquirir as entradas nos locais colaboradores (Coffee&Break, Ferretería Poio, Pickin’pack, Restaurante Otilio e Reformas Rey) por un prezo de 6 euros para socios e 8 euros para non socios. A día de hoxe, a organización do evento destaca a boa acollida que está tendo polos veciños de Poio, posto que dun aforo de 200 persoas co que conta o local, a día de hoxe máis do 50% das entradas xa están vendidas.

Cabe destacar que a Asociación Deportiva e Cultural de Campelo é unha asociación de recente creación e ademais é a impulsora do exitoso Oktoberfest de Campelo.

25 de marzo de 2015 | 11:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.